Martina Aneiros recibe a representantes da Asociación de Veciños de Covas
2026-04-28
/documents/35297/2104992/ReunionAVVCovas.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 28 de abril de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da Asociación de Veciños de Covas, co fin de coñecer as actividades e proxectos nos que se atopa inmersa a entidade e abrir vías de colaboración.
O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona co obxecto de coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 28/04/2026