A Xunta investirá 223.000 euros en dous equipos de anestesia e un ecógrafo para a área sanitaria de Vigo

As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o 20 de maio para presentar as súas ofertas

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2026

A Consellería de Sanidade publica, no Portal de Contratos Públicos de Galicia, a licitación, por un importe de 223.000 euros, do subministro de dous novos equipos de anestesia para os quirófanos do Hospital Meixoeiro que veñen substituír os anteriores, así como dun ecógrafo con transdutor endoanal para o servizo de cirurxía xeral da área sanitaria de Vigo, que permitirá a estadificación de tumores rectais, o diagnóstico de incontinencia e de fístulas perianais.

As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o 20 de maio para presentar as súas ofertas.

Esta contratación responde á necesidade de dar unha mellor cobertura e atención sanitaria á poboación do Servizo Galego de Saúde nesta área, mellorando os servizos de atención hospitalaria.

Data de actualización: 06/05/2026