A sede da Xunta en Lugo acolle a charla do psicoterapeuta experto en adolescencia Antonio Ríos, organizada polo colexio Galén
Lugo, 7 de maio de 2026
A sede da Xunta en Lugo acolleu hoxe a charla de Antonio Ríos, médico psicoterapeuta especialista na etapa da adolescencia, autor de varios libros e podcast sobre a materia e activo divulgador en redes sociais. A conferencia forma parte do ciclo organizado polo colexio Galén para conmemorar o seu 25 aniversario, e na presentación participaron o delegado territorial, Javier Arias, e o director do centro educativo, Raúl Pérez.
Antonio Ríos aborda os desafíos da adolescencia, ofrece claves para comprender esta etapa vital e pautas para mellorar a convivencia, cun enfoque práctico e ameno dirixido principalmente a pais, nais e educadores.
O ciclo de charlas do Galén inaugurouse o pasado 27 de abril coa conferencia do profesor e escritor César Bona, e pecharase na Delegación Territorial o venres 29 de maio co neurocientífico e divulgador Xurxo Mariño.