A conselleira Allegue participa na gala de entrega dos Premios José Hermida de radio escolar en Pontevedra
Pontevedra, 8 de maio de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou hoxe na gala de entrega dos Premios José Hermida Radio Escolar, promovidos pola emisora Radio Pontevedra en colaboración coa Xunta e coa UNED, onde destacou a importancia desta iniciativa na contribución “á formación crítica da mocidade”. Nesta segunda edición destes premios, participaron un total de 107 centros e 117 podcast, para un total de 2.500 alumnos.
Allegue subliñou a calidade dos proxectos desta iniciativa, que celebra a súa segunda edición, e “o talento dos participantes, mozos e mozas enxeñosos que son Galicia Calidade”. E destacou a posta en marcha dos obradoiros e o concurso de podcast Radio Escolar para achegar o mundo das ondas e do xornalismo aos centros escolares. “É moi importante -indicou- coñecer o que pasa na nosa sociedade, as súas inquedanzas e preocupacións. E detectar a boa información e non deixarse levar por bulos ou informacións maliciosas”.