O seguimento na quenda de mañá da folga médica contra o Estatuto Marco do Goberno central acada o 16,05 % na sanidade pública galega

Nos servizos de atención hospitalaria o seguimento da folga é do 21,62 %

No que atinxe á atención primaria, o seguimento da folga en rexeitamento do borrador presentado polo Ministerio de Sanidade acada o 1,6 %

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2026

O seguimento da folga de médicos a nivel nacional convocada contra o Estatuto Marco promovido polo Goberno central na quenda de mañá deste mércores foi do 16,05 % nos centros sanitarios da comunidade.

A porcentaxe de participación nos sete grandes hospitais do Servizo Galego de Saúde, na quenda de mañá, acadou o 22,17 %. En canto aos hospitais comarcais, o seguimento foi do 15,69 %. No seu conxunto, a actividade hospitalaria contou cunha participación na folga do 21,62 %.

No que respecta á atención primaria, o seguimento da folga en rexeitamento do borrador presentado polo Ministerio de Sanidade acadou o 1,6 % de participación.

No total dos dous niveis asistencias, a folga tivo un seguimento do 16,21 %.

Por centros hospitalarios, o paro foi secundado polo 23,37 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; o 20,79 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela; o 15,46 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol; o 21,09 % no caso do Hospital Universitario Lucus Augusti; o 20 % no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; o 23,5 % no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra; e o 26,23 % no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. 

No caso dos hospitais comarcais, o seguimento acadou o 9,43 % no Hospital Público de Cee; o 17,65 % no Hospital Público de Barbanza; o 16,24 % no Hospital Público da Mariña; o 20,55 % no Hospital Público de Monforte de Lemos; o 4,92 % no Hospital Público do Barco de Valdeorras; o 16,39 % no Hospital Público de Verín; e o 20,78 % no Hospital do Salnés.

En canto ao seguimento en atención primaria na quenda de mañá, por áreas sanitarias, foi o seguinte: na da Coruña e Cee, 0,27 %; na de Santiago de Compostela e Barbanza, 1,02 %; na de Ferrol, 1,53 %; na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 1,54 %; na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 1,5 %; na de Pontevedra e O Salnés, 2,42 %; e na de Vigo, do 2,82 %.   

Pola súa banda, a folga non contou con seguimento nas entidades sanitarias como son a Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), a empresa pública de servizos sanitarios Galaria e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.

Data de actualización: 20/05/2026