Martina Aneiros asiste ao VII encontro feira de Emprego 45+
Ferrol, 21 de maio de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu á feira de emprego VII Encontro 45+, organizada pola Cámara de Comercio da Coruña. Este evento foi pensado para impulsar novas oportunidades laborais para persoas de entre 45 e 65 anos en situación de desemprego.
O evento, celebrado no Auditorio de Ferrol, representou “un punto de encontro idóneo para empresas e profesionais que poden aportar a súa experiencia”, sinalou Aneiros. Durante a xornada, os asistentes puideron falar con compañías que contan con procesos de selección abertos, participando deles de forma directa. A feira contou tamén cun espazo de orientación laboral con asesoramento personalizado, ademais de talleres e seminarios prácticos orientados a reforzar a empregabilidade, mellorar competencias profesionais e ofrecer novas ferramentas para afrontar o mercado laboral.