Javier Arias participa nos actos conmemorativos da patroa da Policía Local en Lugo

Lugo, 21 de maio de 2026

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, asistiu esta mañá aos actos de conmemoración da festividade da patroa da Policía Local de Lugo, María Auxiliadora.

A xornada comezou coa formación dos efectivos policiais diante do Concello, continuou cunha celebración litúrxica na Catedral de Santa María e culminou cun acto institucional no auditorio Fuxan Os Ventos.

Durante o acto procedeuse á entrega de recoñecementos a oito membros da Policía Local e distinguiuse ademais a outras cinco persoas pertencentes ás forzas de seguridade e da sociedade civil pola súa colaboración co labor que desempeña o corpo policial lucense, entre eles o inspector xefe da Unidade de Policía Adscrita de Galicia, Moisés Muñiz García.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/05/2026