A Xunta felicita o Colexio Plurilingüe San Xoán de Filgueira polo roteiro ‘Ferrol en Feminino’

Ferrol, 28 de maio de 2026.

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, felicitaron hoxe á comunidade educativa do Colexio Plurilingüe San Xoán de Filgueira polo roteiro Ferrol en Feminino, unha iniciativa que conta tamén co apoio do Concello de Ferrol. O proxecto foi desenvolvido a través dun proxecto no que o centro investiga, entre outros aspectos, a historia de diferentes puntos do municipio ferrolán e pon en valor o seu patrimonio cultural e natural.

Na inauguración da ruta, que parte do Porto de Curuxeiras, as representantes do Goberno galego destacaron a importancia desta iniciativa difundir a figura das mulleres –tanto as coñecidas como as anónimas– que formaron parte e deixaron pegada na historia da cidade departamental. O roteiro conta con letreiros con códigos QR explicativos en cada unha das paradas e no seu primeiro percorrido foi guiado por alumnado do centro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/05/2026