Martín Martínez Abal, novo director xerente da empresa pública Seaga
Nado en 1977, conta cunha ampla formación no eido forestal, con titulacións en enxeñería técnica forestal, especialidade en industrias forestais, pola Universidade de Vigo; e enxeñería de montes pola Universidade de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2026
O Consello de Administración da empresa pública Seaga acordou hoxe o nomeamento de Martín Martínez Abal como novo director-xerente da citada empresa. Martínez Abal, nado en Ribadumia no 1977, conta cunha ampla formación no eido forestal, con titulacións en enxeñería técnica forestal, especialidade en industrias forestais, pola Universidade de Vigo; e enxeñería de montes pola Universidade de Santiago de Compostela.
Dende o 2007 ata a actualidade ocupou o posto de director técnico de Seaga, no que desempeñou funcións de dirección das operacións das áreas técnicas da empresa, con responsabilidade sobre a planificación dos recursos necesarios, preparación, execución e resultados dos encargos executados. Con anterioridade, entre os anos 2002 e 2007, foi xefe de obra na empresa pública Tragsa.