O delegado da Xunta asistiu ao acto institucional do Día da Subdelegación de Defensa en Lugo

Lugo, 2 de xuño de 2026

O delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, asistiu esta mañá ao acto institucional do Día da Subdelegación de Defensa en Lugo, que se desenvolveu no centro sociocultural O Vello Cárcere.

Durante o acto impuxéronse condecoracións e entregáronse diplomas a persoal destacado pola súa traxectoria e servizo. Tamén se repartiron os premios do concurso literario escolar ‘Carta a un militar español’.

Ademais, fíxose un repaso das actividades máis destacadas promovidas pola Subdelegación de Defensa. Entre elas figura a participación na Feira de Educación, Formación e Emprego organizada pola Xunta, co obxectivo de exhibir ante o alumnado que vai comezar a súa formación superior os diferentes itinerarios formativos e oportunidades laborais aos que poden optar.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/06/2026