Medio Rural avalía novas vías de colaboración para mellorar a sanidade animal

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2026

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse hoxe con representantes da Asociación de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) de avicultura de recría e posta. Nesta xuntanza avaliouse a posibilidade de establecer vías de colaboración con esta entidade para afondar na mellora da sanidade animal en Galicia.

Neste sentido, Balseiros puxo de relevo o labor desenvolvido polas ADSG, que levan a cabo un importante traballo no eido da sanidade. Así, lembrou que a Consellería do Medio Rural vén de destinar recentemente 2,38 millóns de euros a 64 entidades deste tipo, co obxectivo de seguir avanzando na consolidación dun bo status sanitario da cabana gandeira da nosa comunidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/06/2026