A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral da Consellería, Yago Borrajo, selou hoxe o convenio de colaboración co alcalde, José Ramón Barreal
O Fondo de Cooperación da Xunta facilita ao Concello de Laza a adquisición e posterior rehabilitación e adecuación como museo etnográfico dun inmoble situado na Picota
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas financiará a adquisición das edificacións situadas no número 6, cun préstamo total de 80.000€ do Fondo de Cooperación, a través da liña dirixida a municipios de menos de 50.000 habitantes
O prazo para que os concellos poidan solicitar este préstamo sen xuros mantense aberto ata o 15 de outubro
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2026
A Xunta colabora co Concello de Laza na adquisición dunha vivenda situada na Picota nº 6 para destinala á creación dun museo etnográfico e interpretativo, a través da concesión dun préstamo de 80.000 euros, sen xuros, do Fondo de Cooperación da Xunta para municipios de menos de 50.000 habitantes.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral da Consellería, Yago Borrajo, asinou esta tarde co alcalde do concello ourensá, José Ramón Barreal Novo, o convenio desta colaboración.
En concreto, o convenios firmado hoxe en San Caetano no marco deste fondo, permite a adquisición deste inmoble situado no corazón da Picota, para dedicalo a actividade museística, dedicado a dúas das manifestacións culturais máis singulares e identitarias do municipio, como son a festa do Santo Cristo e o Entroido de Laza: unha das festas máis recoñecidas de Galicia, caracterizada pola figura dos Peliqueiros, as farrapadas, a Morena, a Bica e un amplo repertorio de rituais ancestrais.
O obxectivo final desta adquisición e rehabilitación do inmoble é preservar, documentar e difundir estas tradicións, garantindo a súa transmisión ás xeracións futuras e reforzando o atractivo cultural e turístico do municipio.
Esta intervención desenvolverase mediante a iniciativa da Xunta que está destinada a financiar actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, dotado con algo más de 3M€. Trátase de préstamos sen xuros que os concellos poden devolver no prazo máximo de 8 anos.
Estes préstamos sen xuros ao concello de Curtis correspóndese á convocatoria 2025 desta liña de achegas, que estará aberta ata o vindeiro 15 de outubro.
Reunión de traballo
A conselleira e o alcalde mantiveron tras a sinatura unha reunión de traballo, na que tamén participou a directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández León. Neste encontro celebrado en San Caetano, Allegue e Barreal abordaron actuacións en materia de infraestruturas, de interese para este municipio.