A Xunta apoia a Festa da Xuventude que se celebra este sábado na Ponte de Outeiro, en Castro de Rei
Lugo, 4 de xuño de 2026
A Xunta de Galicia apoia a segunda edición da Festa da Xuventude, que organiza a Asociación Cultural e Veciñal Virxe da Portería este sábado día 6 na Ponte de Outeiro, en Castro de Rei. A Delegación Territorial de Lugo acolleu hoxe a presentación da programación, na que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde do municipio, Francisco Balado, e representantes da entidade promotora.
Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia logo de décadas sen celebrarse, e gabou o seu interese “por impulsar actividades que fortalecen a convivencia e melloran a vida dos veciños e veciñas da contorna”.
A xornada iniciarase ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú. Ás 15:00 horas dará comezo o xantar popular, pola tarde haberá sorteos e animación musical e rematará cunha cea a base de petiscos e unha verbena.