O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación oficial do ‘59 Rallye Ourense Recalvi’

Ourense, 04 de xuño de 2026

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación oficial do ‘59ª Rallye Ourense Recalvi’ que se desenvolverá polas estradas da provincia os vindeiros 12 e 13 de xuño.

Esta edición, con preto de 150 quilómetros cronometrados distribuídos en seis tramos que se disputarán a dobre pasada, atravesará os municipios de Taboadela, A Merca, Celanova, Toén, Amoeiro, San Amaro, Cenlle, Ribadavia e Arnoia, ademais da cidade das Burgas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/06/2026