A Xunta felicita os tres loitadores galegos que conquistaron cinco medallas no Europeo de Wushu

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, Roberto García, recibiu os tres deportistas galegos que participaron na localidade francesa de Lyon no Campionato de Europa de Wushu, disciplina asociada á modalidade de judo. Os tres loitadores recibiron a felicitación do Goberno galego tras conquistar cinco medallas: Erik Martín, de 13 anos, revalidou o título de campión de Europa con dous ouros e unha prata; Josué Gondino logrou unha prata; e Iker Marín sumou un bronce.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/06/2026