O avance na prolongación da autovía Santiago-A Estrada obriga ao corte da estrada AC-241 ao seu paso por Vilar, no concello de Teo, a partir deste luns

O obxectivo é executar os traballos necesarios para rematar o enlace da AC-241, polo que o corte comezará este vindeiro día 15 e, por un prazo de dúas semanas e media

Unha vez rematados os 7,5km da prolongación desta autovía, libre de peaxe, os tempos da viaxe entre Santiago e A Estrada reduciranse a 10 minutos, ademais de mellorar a seguridade viaria, tras un investimento global de máis de 67M€

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2025

O avance nas obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada (AG-59) obrigan ao corte de tráfico da estrada AC-241, a altura do punto quilométrico 3, ao seu paso por Vilar, no concello de Teo, a partir deste vindeiro luns.

Trátase de executar os traballos necesarios para rematar o enlace da AC-241, polo que o corte comezará o propio luns día 15 e por un prazo de dúas semanas e media.

Durante a execución desta actuación, dispoñerase da sinalización oportuna para orientar aos usuarios da vía a través do itinerario alternativo indicado.

As obras deste treito de autovía permitirán habilitar 3,5 novos quilómetros da AG-59. De xeito paralelo, a Xunta ten tamén en marcha a actuación da nova e última fase desta autovía, entre Pontevea e O Rollo, de 4 km. 

Unha vez rematados os 7,5km da prolongación desta autovía, libre de peaxe, os tempos da viaxe entre Santiago de Compostela e A Estrada reduciranse a 10 minutos, ademais de mellorar a seguridade viaria, tras un investimento global de máis de 67M€.

Documentos relacionados

Data de actualización: 13/06/2026