O seguimento na quenda de mañá da folga médica contra o Estatuto Marco do Goberno central acada o 15,15 % na sanidade pública galega
Nos servizos de atención hospitalaria o seguimento da folga é do 20,08 %
No que atinxe á atención primaria, o seguimento da folga en rexeitamento do borrador presentado polo Ministerio de Sanidade acada o 2,56 %
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2026
O seguimento da folga de médicos a nivel nacional convocada contra o Estatuto Marco promovido polo Goberno central na quenda de mañá deste luns foi do 15,15 % nos centros sanitarios da comunidade.
A porcentaxe de participación nos sete grandes hospitais do Servizo Galego de Saúde, na quenda de mañá, acadou o 20,76 %. En canto aos hospitais comarcais, o seguimento foi do 12,7 %. No seu conxunto, a actividade hospitalaria contou cunha participación na folga do 20,08 %.
No que respecta á atención primaria, o seguimento da folga en rexeitamento do borrador presentado polo Ministerio de Sanidade acadou o 2,56 % de participación.
No total dos dous niveis asistenciais, a folga tivo un seguimento do 15,29 %.
Por centros hospitalarios, o paro foi secundado polo 24,45 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; o 18,51 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela; o 14,96 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol; o 18,42 % no caso do Hospital Universitario Lucus Augusti; o 20,79 % no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; o 21,5 % no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra; e o 22,76 % no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
No caso dos hospitais comarcais, o seguimento acadou o 4,08 % no Hospital Público de Cee; o 11,76 % no Hospital Público de Barbanza; o 12,71 % no Hospital Público da Mariña; o 16 % no Hospital Público de Monforte de Lemos; o 6,56 % no Hospital Público do Barco de Valdeorras; o 13,79 % no Hospital Público de Verín; e o 20 % no Hospital do Salnés.
En canto ao seguimento en atención primaria na quenda de mañá, por áreas sanitarias, foi o seguinte: na da Coruña e Cee, 0,82 %; na de Santiago de Compostela e Barbanza, 1,02 %; na de Ferrol, 1,53 %; na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 2,74 %; na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 1,82 %; na de Pontevedra e O Salnés, 2,9 %; e na de Vigo, do 5,45 %.
Pola súa banda, o seguimento nas entidades sanitarias como son a Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), a empresa pública de servizos sanitarios Galaria e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, foi do 1,14 %.
O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.
Desde o inicio das convocatorias de folgas contra o Estatuto Marco, no mes de decembro, en Galicia suspendéronse preto de 245.000 actos médicos.
En concreto, o Servizo Galego de Saúde viuse obrigado a suspender preto de 5.200 cirurxías, máis de 137.500 consultas hospitalarias; case 86.700 consultas de atención primaria; e máis de 15.300 probas.