Pablo Fernández participa na reunión de coordinación entre a Protección Civil e a Policía Local de cara ao inicio da campaña de incendios
2026-06-17
/documents/35297/2164410/inc.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Pontevedra, 17 de xuño de 2026
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, participou esta mañá na reunión de coordinación entre a Protección Civil e a Policía Local da provincia que tivo lugar no edificio administrativo da Xunta en Pontevedra.
Na reunión representantes das distintas corporacións da provincia puxeron en común os retos e solucións cos que encaran a tempada de verán. Coordinados polos profesionais da Xunta de Galicia, esta reunión permitiu poñer a punto as vías de contacto e os protocolos de actuación de cara a estar previdos fronte a posibles emerxencias.
Data de actualización: 17/06/2026