Mar fomenta o coñecemento do sector marítimo-pesqueiro entre os usuarios do centro ocupacional ‘O Saiar’ cunha visita ao CIMA
Vilanova de Arousa (Pontevedra), 17 de xuño do 2026
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez xunto co director da CIMA, Carlos Gabín, recibiron hoxe a case 20 usuarios do Centro Ocupacional ‘O Saiar’, de Caldas de Reis, nas instalacións da sede principal do Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA) en Vilanova de Arousa.
Durante esta visita, ensináronlles os procesos que se levan a cabo neste centro investigador de referencia en Galicia, o seu funcionamento e a súa relevancia para o sector marítimo-pesqueiro, ademais de poñer en valor a diversidade, o interese para todas as persoas dos oficios do sector do mar e como estes traballos poden axudar á promoción das capacidades, fomentando así a personalidade e autonomía dos seus usuarios.