A Xunta activará mañá domingo diferentes alertas por episodio de calor nas catro provincias galegas
As zonas isoclimáticas da Mariña, Centro de Lugo, Noroeste de Ourense, Miño-Ourense e Sur de Ourense estarán en nivel 1, amarelo
Así mesmo, establécese o nivel 2, laranxa, nas zonas do Noroeste da Coruña, Sur de Lugo e Valdeorras
Actívase o nivel de alerta 3, vermello, nas zonas isoclimáticas Interior da Coruña, Centro de Lugo, Montaña de Lugo, Montaña de Ourense e Interior de Pontevedra
Polo tanto, suspéndese a actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior nas zonas afectadas pola alerta vermella e laranxa de 12.00 a 20.00 horas
As actividades náuticas ou acuáticas non terán restricións nos concellos do litoral afectados pola alerta laranxa e nos concellos do interior estarán permitidas con recomendación de non realizalas nas horas centrais do día
As temperaturas serán altas en toda a comunidade, polo que cómpre seguir as recomendacións para evitar un posible efecto adverso sobre a saúde
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2026
No marco do Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, e segundo os datos enviados hoxe por MeteoSalud e por Meteogalicia, mañá domingo activaranse as diferente alertas por episodio de calor nas catro provincias galegas.
O nivel 1, amarelo, afectará ás zonas isoclimáticas: A Mariña, Centro de Lugo, Noroeste de Ourense, Miño de Ourense e Sur de Ourense.
O nivel 2, laranxa, afectará ás zonas isoclimáticas: Noroeste da Coruña, Sur de Lugo, e Valdeorras.
O nivel 3, vermello, afectará ás zonas isoclimáticas: Interior da Coruña, Centro de Lugo, Montaña de Lugo, Montaña de Ourense e Interior de Pontevedra.
Meteogalicia informa que as altas presión situadas ao norte da península Ibérica atraerán unha masa de aire moi cálida procedente do norte de África que chegará mañá a Galicia e estará sobre a nosa comunidade ata o mércores. Isto, combinado co ceo despexado e as moitas horas de sol, fará que as temperaturas alcancen valores moi elevados, polo que cómpre seguir as recomendacións para evitar un posible efecto adverso sobre a saúde.
O mapa da Dirección Xeral de Saúde Pública, as recomendación e o Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, está dispoñible na ligazón: https://airesaude.sergas.gal/Contidos/CC_Recomend_calor?idioma=ga.
― Polo tanto, suspéndese a actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior nas zonas afectadas pola alerta vermella e laranxa de 12.00 a 20.00 h.
― As actividades náuticas ou acuáticas non terán restricións nos concellos do litoral afectados pola alerta laranxa e nos concellos do interior estarán permitidas con recomendación de non realizalas nas horas centrais do día.
No caso do deporte, a Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, determinou a suspensión da actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior nas zonas afectadas polas alertas vermella e laranxa de 12.00 a 20.00 horas. As actividades náuticas ou acuáticas non terán restricións nos concellos do litoral afectados pola alerta laranxa e nos concellos do interior estarán permitidas con recomendación de non realizalas nas horas centrais do día, isto é de 12,00 a 17,00 horas. Os municipios e os horarios afectados poden consultarse na web Deporte Galego.
Efectos sobre á saúde
A exposición a temperaturas excesivas pode provocar problemas de saúde como mareo, cansazo, debilidade, fatiga e cambras musculares, síncope, deshidratación, insolación e golpe de calor. A maioría das enfermidades asociadas á calor son consecuencia máis ou menos grave dun fallo no sistema de termorregulación.
A calor excesiva pode alterar as nosas funciones vitais se o corpo humano non é capaz de compensar as súas variacións de temperatura. Unha temperatura moi elevada produce perda de líquidos e de electrólitos que son necesarios para o funcionamento normal dos distintos órganos. Ademais, os mecanismos de termorregulación poden verse descompensados nalgunhas persoas con determinadas enfermidades crónicas, sometidas a certos tratamentos médicos e con discapacidades que limitan a súa autonomía.
Recomendacións xerais para a poboación
Os principais grupos de risco ante os efectos da calor son: persoas maiores de 65 anos e menores de 4 anos, sobre todo as menores dun ano; persoas que padecen patoloxías: enfermidades cardiovasculares (enfermidade cerebrovascular, insuficiencia cardíaca, arteriopatía periférica), diabetes mellitus, enfermidade pulmonar obstrutiva crónica, insuficiencia renal, enfermidade de párkinson, enfermidade de Alzheimer ou patoloxías similares, enfermidade psiquiátrica; persoas que tomen determinados fármacos: fármacos con efecto anticolinérxico, diuréticos, consumo importante de alcol, etc.; e persoas en determinadas situacións: maiores que viven sós, persoas de risco que viven en vivendas mal acondicionadas, persoas con exceso de peso ou peso excesivamente baixo, traballadores, deportistas ou aquelas que pasan varias horas en exteriores, etc.
A Consellería de Sanidade lembra os principais consellos e recomendacións que debe seguir a poboación: beber máis líquidos sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos; evitar bebidas quentes, alcohólicas, café, té ou cola e as moi azucradas; aumentar o consumo de ensaladas, verduras e froitas; evitar comidas copiosas; comer menos cantidade e máis veces ao día; manter os alimentos no frigorífico e vixiar sempre as medidas hixiénicas; usar roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada, de cores claras, sombreiro, lentes de sol e cremas protectoras solares, así como calzado fresco, cómodo e que transpire; permanecer en espazos ventilados ou acondicionados e estar á sombra; utilizar as habitacións máis frescas da vivenda; durante o día baixar as persianas e abrir as xanelas, abrilas pola noite para ventilar; evitar as actividades ao aire libre nas horas de máis calor e reducir a actividade física; e cando se estacione o coche, non deixar no interior nenos, nin anciáns coas xanelas pechadas.
No caso de sufrir esgotamento ou un golpe de calor, recoméndase solicitar axuda médica urxente chamando ao 061.
Recorde que, si ten parentes ou veciños que vivan sos, é convinte facerlles un seguimento especial estes días, co fin de comprobar que adoitan as medidas recomendadas e o seu estado de saúde é o habitual.
Os concellos que pertencen a cada zona isoclimática son os seguintes:
Noroeste da Coruña: Abegondo, Ares, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Cambre, Carballo, Cariño, Carral, Cedeira, Cerceda, Cerdido, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, Laxe, Laracha, A, Malpica de Bergantiños, Mañón, Miño, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Oleiros, Ortigueira, Oza Cesuras, Paderne, Ponteceso, Pontedeume, Sada, San Sadurniño, Valdoviño, Vilarmaior.
Interior da Coruña: Ames, Aranga, Arzúa, Baña A, Boimorto, Boquiexón, Brión, Capela, A, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesia, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, Pino, O, Pontes de García Rodríguez, As, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Somozas, As, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Vilasantar.
A Mariña: Alfoz do Castrodouro, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro, Xove.
Centro de Lugo: Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Monterroso, Muras, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradelaz, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Portomarín, Rábade, Riotorto, Sarria, Vilalba, Xermade.
Montaña de Lugo: Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos, Triacastela.
Sur de Lugo: Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober, Taboada.
Noroeste de Ourense: Amoeiro, Avión, Beariz, Boborás, O Carballiño, Coles, O Irixo, Maside, A Peroxa, Piñor, San Cristovo de Cea, Vilamarín.
Miño de Ourense: A Arnoia, Barbadás, Beade, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Nogueira de Ramuín, Ourense, Padrenda, O Pereiro de Aguiar, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cibrao das Viñas, Taboadela e Toén.
Valdeorras: O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras.
Montaña de Ourense: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo.
Sur de Ourense: Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Os Blancos, A Bola, Calvos de Randín, Castrelo do Val, Celanova, Cualedro, Entrimo, Gomesende, Laza, Lobeira, Lobios, A Merca, Monterrei, Muíños, Oímbra, Paderne de Allariz, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Verea, Verín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía.
Interior de Pontevedra: Agolada, O Campo Lameiro, A Caniza, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, Estrada, A, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces.