Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08.30 h. de hoxe
Activo un incendio forestal no concello coruñés da Capela, parroquia homónima, que afecta arredor de 8 hectáreas do Parque Natural das Fragas do Eume
Quedou controlado esta madrugada o outro incendio forestal rexistrado na Capela, parroquia homónima, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unhas 30 hectáreas
Continúa controlado, desde ás 20.10 horas de onte luns, o lume do concello ourensán da Mezquita, parroquia de Manzalvos, que entrou desde Portugal e que afecta arredor de 50 hectáreas en Galicia
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2026
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 08.30 horas de hoxe.
A CORUÑA
Activo A Capela-A Capela (Parque Natural das Fragas do Eume)
Desde as 05.27 horas de hoxe está activo un incendio forestal no concello da Capela, parroquia homónima, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 8 hectáreas, todas elas dentro do Parque Natural das Fragas do Eume. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 3 axentes, 4 brigadas, 4 motobombas e 1 pa.
Controlado A Capela-Capela
Ás 0.55 horas de hoxe quedou controlado outro lume rexistrado neste mesmo concello da Capela, parroquia homónima, que se iniciaba o domingo ás 04.06 horas e que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie dunhas 30 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 2 técnicos, 15 axentes, 24 brigadas, 26 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 2 avións.
OURENSE
Controlado A Mezquita-Manzalvos
Permanece controlado desde as 20.10 horas de onte luns o lume do concello da Mezquita, parroquia de Manzalvos, que entrou desde Portugal ás 07.18 horas do domingo. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada en Galicia é de arredor de 50 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 15 axentes, 25 brigadas, 16 motobombas, 4 pas, 7 avións e 7 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.