Un total de 27 Asociacións de Nais e Pais reciben este curso axudas da Xunta para apoiar o seu labor
A Consellería de Educación vén de resolver esta convocatoria, con subvencións de ata 10.000€ por entidade en función do seu tamaño e volume de actividade
Mantén tamén unha liña de axudas ás anpas que xestionan comedores escolares, cun orzamento de 1.750.000€
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2026
Un total de 27 colectivos de nais e pais de alumnos benefícianse este curso das axudas da Xunta para apoiar o seu labor. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destina a este fin un orzamento de 66.298€, con apoios de entre 953€ e 9.898€ por entidade, en función do seu tamaño e volume de actividade. As subvencións, que se publicarán este xoves no Diario Oficial de Galicia, van dirixidas a asociacións, federacións e confederacións que as agrupan.
Con esta achega, as asociacións poden sufragar diferentes actividades ao longo do ano, así como os gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das súas instalacións. Estas axudas son compatibles con outras subvencións outorgadas por outras administracións públicas ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.
Ademais desta convocatoria, o departamento educativo do Goberno galego mantén tamén unha liña de axudas ás anpas que xestionan comedores escolares, cun orzamento de 1.750.000€, reforzada este ano nun 10%.
A relación de anpas, federacións e confederacións beneficiarias das axudas é a reflectida na seguinte táboa:
|
Concello |
Beneficiario |
Importe |
|
|
Provincia da Coruña |
|||
|
A Coruña |
CONFAPA (Confederación Galega ANPAS centros públicos) |
8.249€ |
|
|
A Coruña |
Federación provincial ANPAS centros públicos-FAPA Coruña |
4.795€ |
|
|
A Coruña |
ANPA CEE Elviña ASPANAES |
953€ |
|
|
Ferrol |
ANPA CEE Terra de Ferrol |
953€ |
|
|
Ribeira |
ANPA CEE Amicos |
953€ |
|
|
Santiago de Compostela |
Confederación ANPAS galegas |
9.898€ |
|
|
Santiago de Compostela |
Federación centros públicos Compostela |
3.035€ |
|
|
Santiago de Compostela |
ANPA Colegio Duques de Lugo |
953€ |
|
|
Provincia de Lugo |
|||
|
Lugo |
FAPACEL Federación provincial ANPAS centros públicos |
3.555€ |
|
|
Lugo |
FAPA Lugo |
1.715€ |
|
|
Lugo |
ANPA CEE Santa María |
953€ |
|
|
Monforte de Lemos |
ANPA CEE Infanta Elena |
953€ |
|
|
Provincia de Ourense |
|||
|
Ourense |
CONGAPA |
4.461€ |
|
|
Ourense |
Federación Provincial ANPAS centros públicos As Burgas |
3.435€ |
|
|
Ourense |
Federación ANPAS Centros Privados e Concertados Ourense |
1.715€ |
|
|
Ourense |
ANPA CEE O Pino |
953€ |
|
|
Provincia de Pontevedra |
|||
|
A Guarda |
ANPA CEE Joaquina Sobrino |
953€ |
|
|
Gondomar |
Federación de ANPAS do Val Miñor |
1.587€ |
|
|
Nigrán |
ANPA La Ilusión del Val Miñor |
953€ |
|
|
O Porriño |
ACEESCA |
953€ |
|
|
Ponteareas |
FANPO Federación de ANPAS o Condado, Paradanta e Louriña |
1.647€ |
|
|
Pontevedra |
Federación provincial ANPAS centros públicos-FANPA |
5.255€ |
|
|
Vigo |
FOANPAS Federación ANPAS Olívica |
2.707€ |
|
|
Vigo |
ANPA CEE A Menela |
953€ |
|
|
Vilagarcía de Arousa |
FEAPA Pontevedra |
1.855€ |
|
|
Vilagarcía de Arousa |
ANPA CEE |
953€ |
|
|
Vilagarcía de Arousa |
ANPA CEE Os Mecos |
953€ |
|