O delegado territorial da Xunta felicita ao Antela Fútbol Club polo ascenso a Terceira Federación
2026-07-01
/documents/35297/2184056/010726+Recepci%C3%B3n+ao+Antela+F%C3%BAtbol+Club+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 01 de xullo de 2026
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu esta mañá na Delegación Territorial aos membros da directiva e xogadores do Antela Fútbol Club para trasladarlles os parabéns polo seu ascenso a Terceira Federación.
Durante a recepción, o delegado territorial felicitounos por acadar este éxito deportivo, e transmitiulles o firme compromiso da Xunta de Galicia na promoción e o fomento do fútbol en Galicia.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 01/07/2026