O xerente do Servizo Galego de Saúde, Luis León, interveu na inauguración do curso de verán Programa Dor, Obesidade, Nutrición e Lonxevidade, organizado pola Sociedade Española da Dor
O Servizo Galego de Saúde destaca a importancia de tratar a dor desde unha perspectiva física, emocional e social para ofrecer unha atención máis personalizada
O xerente salienta a necesidade dunha abordaxe integral da dor e a importancia que o Sergas concede ao seu tratamento cunha enfoque holístico
Pon en valor a investigación e a innovación como ferramentas clave para avanzar no manexo da dor crónica
Santiago de Compostela, 3 de xullo 2026
O xerente do Servizo Galego de Saúde, Luis León, participou esta mañá na inauguración do curso de verán Programa Dor, Obesidade, Nutrición e Lonxevidade, organizado pola Sociedade Española da Dor. Na súa intervención destacou a importancia de tratar a dor desde unha perspectiva física, emocional e social para ofrecer unha atención máis personalizada.
Luis León tamén puxo en valor a importancia que o sistema sanitario galego concede ao tratamento da dor, tanto física como psicolóxica, incidindo na necesidade dun enfoque multidisciplinar e holístico que sitúe a persoa no centro da atención sanitaria.
Ademais, fixo fincapé no papel da investigación e da innovación para seguir mellorando o coñecemento sobre a dor e avanzar no desenvolvemento de novas estratexias terapéuticas que permitan ofrecer unha resposta máis eficaz.
Nesta liña, o Servizo Galego de Saúde dispón de unidades da dor nas sete áreas sanitarias, garantindo o acceso da cidadanía a unha atención especializada para o diagnóstico, tratamento e seguimento das distintas patoloxías relacionadas coa dor, especialmente nos casos de maior complexidade.
Para rematar, o xerente do Sergas agradeceu á Sociedade Española da Dor a organización deste curso de verán e destacou a súa visión transversal da dor, ao integrar na súa abordaxe factores como a lonxevidade, a nutrición e a obesidade.