A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Vedra

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde unha reunión de traballo co alcalde de Vedra, Carlos Martínez.

No encontro mantido esta tarde en San Caetano, e no que tamén estivo o directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire, abordáronse actuacións en materia de urbanismo, de interese para este municipio coruñés.

O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/07/2026