Belén do Campo visita aos participantes no plan de corresponsables de trazo que permite atender as necesidades de conciliación dos seus veciños
Esta é unha das iniciativas levadas a cabo en 64 entidades da provincia da Coruña para favorecer a conciliación, que a Consellería de Política Social e Igualdad, financia con máis de 2,3 millóns de euros a través do Plan Corresponsables no ámbito local
Trazo (A Coruña), 31 de xullo de 2026
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada pola alcaldesa de Trazo, Fina Suárez, visitou aos nenos que participan no campamento de verán deste Concello, financiado polo Goberno galego a través do Plan Corresponsables.
En concreto, a Xunta destina case 40.000 euros para impulsar estas actividades, para facilitar a conciliación aos veciños desta localidade durante o período estival.
Esta é unha das iniciativas levadas a cabo en 64 entidades da provincia da Coruña para favorecer a conciliación, que a Consellería de Política Social e Igualdad, financia con máis de 2,3 millóns de euros a través do Plan Corresponsables no ámbito local.
Durante a visita a delegada da Xunta lembrou que o Goberno galego destinou 6,5 millóns de euros na convocatoria deste ano, co fin de financiar diferentes campamentos de verán e actividades para a infancia e a adolescencia durante os períodos non lectivos en máis de 200 concellos galegos.
A delegada da Xunta remarcou outras liñas de actuación do Gobierno galego para axudar aos pais para afrontar o reto da conciliación. Entre estas referiuse á gratuidade do 100% das escolas infantís dos 0 aos 3 anos, que consolida a Galicia como líder en matriculación nesta etapa educativa en toda España; a rede de casas niño no rural, para que os fillos reciban atención gratuíto o máis preto de a casa, ou o Bono Concilia Familia, que o ano pasado chegou a máis de 15.000 familias, ás que se lles dá a seguridade de contar con recursos necesarios para contratar servizos de coidado infantil en períodos non lectivos.