Belén do Campo entrega as chaves dunha vivenda de promoción pública na Coruña

A delegada da Xunta lembrou que o Goberno galego está a traballar para acadar o obxectivo de duplicar o parque público residencial ata chegar ás 8.000 vivendas nesta lexislatura

A Coruña, 31 de xullo de 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, entregou hoxe a chave dunha vivenda promoción pública, en réxime de alugueiro no concello de A Coruña. En concreto na praza alcaldesa Berta Tapia.

Trátanse dunha vivenda de promoción pública, en segunda adxudicación que quedou vacante e que o Instituto Galego de Vivenda e Solo rehabilitou para poñer de novo a dispor de demandantes de vivenda.

A vivenda ten unha superficie útil de 70 metros cadrados, con tres dormitorios, e conta con garaxe e rocho e terá unha renda mensual de 125 euros para unha unidade familiar de 3 persoas. A vivenda foi adxudicada mediante sorteo entre a lista de demandantes de vivenda protexida nesta cidade. 

Belén do Campo explicou que unha das prioridades do Goberno galego “é facilitar o acceso á vivenda aos galegos”, mediante os programas de axudas para a adquisición dun inmoble, ou en réxime de alugueiro, grazas aos inmobles do parque público da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

A delegada destacou que o Executivo autonómico aprobou a Estratexia do impulso da vivenda protexida en Galicia, que contempla medidas para duplicar o parque público residencial e garantir o acceso de máis familias. Entre as principais novidades, figura a ampliación do límite máximo de ingresos para acceder a este recurso, chegando o umbral máximo ata catro veces o IPREM e 4,5 no caso de familias numerosas.

As persoas interesadas en optar a futuras adxudicacións deben estar inscritas no Rexistro Único de Demandantes, trámite que poden realizar en calquera momento tanto de xeito presencial como a través da sede electrónica da Xunta. As listaxes de candidatos determínanse mediante un sorteo ante notario entre todas as persoas inscritas.

A delegada da Xunta lembrou que a Xunta xa está a traballar para acadar o obxectivo de duplicar o parque público residencial ata chegar ás 8.000 vivendas en 2028. Belén do Campo lembrou que a consecución desta cifra é un “compromiso” de cara ao remate desta lexislatura. A representante do Goberno autonómico defendeu como un “dereito fundamental” o acceso á vivenda. Por iso, incidiu na importancia de construír nova vivenda e tamén de apostar pola rehabilitación, especialmente nos cascos históricos, tanto a través da promoción directa desde a Administración, como coa colaboración pública-privada.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/07/2026