O delegado da Xunta informou esta mañá, na estación intermodal de Ourense, do incremento das novas liñas
A Xunta mellora desde o 8 de agosto os servizos de autobús entre o Carballiño e Ourense con dúas frecuencias máis os sábados, domingos e festivos ao mediodía
Manuel Pardo salientou que cos novos servizos sairán ás 12,20 horas do Carballiño e ás 13,00 horas da estación intermodal de Ourense
Os sábados amplíanse conexións en horarios intermedios aos actuais e os domingos e festivos habilítanse servizos en horario de mañá
Os primeiros autobuses do día de luns a venres adiantan a saída entre cinco e dez minutos e nas fins de semana e festivos todos os servizos sairán ou rematarán na estación intermodal
Ourense, 4 de agosto de 2026
O delegado da Xunta en Orense, Manuel Pardo desprazouse esta mañá á estación intermodal de Ourense para informar que a Xunta mellorará desde o 8 de agosto os servizos de autobús entre O Carballiño e Ourense con dúas frecuencias máis os sábados, domingos e festivos ao mediodía.
O delegado da Xunta salientou que cos novos servizos que sairán ás 12,20 horas do Carballiño e ás 13,00 horas da estación intermodal de Ourense, amplíanse as opcións dispoñibles para a cidadanía, que pasará a contar con tres autobuses cara á cidade e outros tres de volta nestas xornadas.
Manuel Pardo explicou que os novos servizos sairán ás 12,20 horas do Carballiño e ás 13,00 horas da estación intermodal de Ourense os sábados, domingos e festivos. Así, os sábados os novos servizos ofrecerán conexións en horarios intermedios aos actuais, polo que haberá idas ás 10,15, 12,20 e 19,45 horas desde O Carballiño e voltas, ás 10,45, 13,00 e 20,30 horas desde a estación intermodal de Ourense. Os domingos e festivos os novos servizos habilitarán conexións ao final da mañá en ambos os sentidos, de xeito que as idas sairán ás 12,20, 19,45 e 20,15 horas e as voltas, ás 13,00, 17,15 e 20,30 horas.
Ademais, outros servizos de autobús entre O Carballiño e Ourense axustan os seus horarios ou itinerarios. De luns a venres, o primeiro servizo do día adianta cinco minutos a saída desde O Carballiño, ás 7,45 horas, e o primeiro servizo de volta pasará a saír das Lagoas ás 8,30 horas, dez minutos antes.
Nas fins de semana e festivos, todos os autobuses entre O Carballiño e Ourense sairán ou finalizarán na estación intermodal, ao non existir practicamente demanda na parada das Lagoas . Deste xeito, as frecuencias de ida das 19,45 horas e de volta das 20,30 horas deixarán de realizar o treito entre a estación e a parada das Lagoas, que viña funcionando baixo demanda.
A información relativa a estes servizos estará dispoñible para a súa consulta nos portais web www.bus.gal e www.mobt.xunta.gal e nas aplicacións para dispositivos móbiles Transporte Público de Galicia e MoBT.