A Xunta patrocina a actuación de Lucía Pérez nas festas de Quindous, Cervantes, que se celebran este venres
2026-08-05
/documents/35297/2232329/050826+Presentaci%C3%B3n+Quindous+2.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 5 de agosto de 2026
A Xunta de Galicia patrocina a actuación da cantante Lucía Pérez que terá lugar este venres, día 7, en Quindous, no marco das festas desta pequena localidade do municipio de Cervantes.
O delegado territorial mantivo un encontro con representantes da organización, felicitounos polo traballo realizado e confirmou o apoio do Goberno galego a “unha proposta que facilita o acceso igualitario á cultura, descentralizando a oferta, e contribúe a dar visibilidade ao territorio”.
A actuación de Lucía Pérez celebrarase a partir das 13:00 horas, no marco da sesión vermú. Tamén haberá animación musical durante toda a xornada e verbena coa orquestra El Combo dominicano e DJ Casanova.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 05/08/2026