O delegado da Xunta participa en Ribadeo nos actos conmemorativos do centenario de Calvo-Sotelo

Ribadeo (Lugo), 18 de agosto de 2026.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe en Ribadeo nos actos conmemorativos do centenario do nacemento de Leopoldo Calvo-Sotelo, organizados polo Concello ao longo deste ano para lembrar a figura do que foi presidente do Goberno e a súa especial vinculación coa vila mariñá.

Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía  diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política.

A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/08/2026