A Xunta enxalza o labor social da Fundación San Rosendo na súa xornada de convivencia anual en Mondoñedo

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañou aos usuarios e representantes da entidade nesta cita

Mondoñedo (Lugo), 4 de setembro de 2026

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, compartiu hoxe con usuarios e representantes da Fundación San Rosendo a súa convivencia anual. Unha cita na que enxalzou o labor social da entidade e puxo en valor o seu compromiso coa atención ás persoas de máis idade.

Antón Acevedo destacou que actividades como esta permiten reunir a usuarios e profesionais nunha xornada de participación e creación de lazos e exemplifican a aposta da fundación por un modelo asistencial baseado nunha atención humana, próxima e personalizada.

O director xeral apuntou que as máis de catro décadas de traxectoria avalan a Fundación San Rosendo como referente no ámbito dos coidados en toda Galicia. A entidade xestiona máis de 70 centros sociosanitarios e residenciais nas catro provincias galegas e mantén, ademais, unha estreita colaboración coa Xunta en áreas como a atención á dependencia e á discapacidade.

Data de actualización: 04/09/2026