A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse hoxe cos alcaldesa para avaliar o impacto positivo que supón o incremento dos fondos para esta prestación

A Xunta inxectará preto de 3,3 M€ ata 2028 no Concello de Ribeira para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar

A conselleira lembra que nesta lexislatura incrementarase nun 50% a achega autonómica a este servizo, que é de competencia municipal

Ribeira (A Coruña), 5 de setembro do 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo esta mañá unha reunión coa alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, sobre o incremento da achega da Xunta ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Neste encontro, destacou que o Goberno galego inxectará ata 2028 preto de 3,3M€ no Concello de Ribeira para financiar este servizo de competencia municipal.

Fabiola García destacou o aumento do 50% da achega do Goberno galego ao SAF, o que supón que a Xunta inxectará 150 millóns de euros máis nos municipios nesta lexislatura. En concreto, explicou que no caso do concello de Ribeira, este acordo terá un impacto claramente positivo e suporá, engadiu, un importante aforro para municipio, que poderá aproveitar para seguir mellorando os seus servizos sociais.

A conselleira apuntou que “as cifras evidencian o beneficioso que será este acordo” e pon de manifesto o compromiso da Xunta de Galicia coas Administracións locais e, en especial, con todos os dependentes galegos. Un compromiso que a titular de Política Social e Igualdade botou en falta por parte do Goberno central. Neste sentido, criticou o feito de que “mentres a Xunta avanza en dereitos sociais, o Executivo central segue sen cumprir a Lei” e sen aportar o 50% do custo da dependencia; polo que, lembrou, “a débeda con Galicia acada xa os 3.000 millóns de euros”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/09/2026