A Xunta salienta a Xuntanza de Maiores de Ordes como unha iniciativa que fomenta a participación social e o envellecemento activo e saudable
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, convidou os veciños a participar nas accións do Goberno galego para esta etapa da vida
Ordes (A Coruña), 5 de setembro de 2026
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asistiu acompañando ao alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, na tradicional Xuntanza dos Maiores de Ordes, unha iniciativa da que destacou que fomenta a participación social da veciñanza.
Unha celebración, que, segundo indicou, ademais da confraternización dos maiores promove o envellecemento activo e saudable. Neste sentido, convidou aos presentes a participar nas diferentes iniciativas que a Xunta pon a súa disposición: programas pioneiros como Benestar en Balnearios ou o Carné +65 a través do que poderán obter beneficios e descontos.
Perfecto Rodríguez explicou que o benestar e a atención dos maiores é unha das prioridades do Goberno galego e que busca tamén dar resposta as súas necesidades e preferencias. Por iso, recalcou que a Xunta promove recursos e servizos adaptados ao territorio e que favorecen que os maiores poidan permanecer na súa contorna recibindo coidados de calidade.