A Xunta valora o labor de inclusión das entidades de Boiro na entrega do distintivo benestar social
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou no acto, no que se recoñeceu a profesionais e voluntarios polo seu compromiso en beneficio da cidadanía
Boiro (A Coruña), 4 de setembro de 2026
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, puxo en valor esta tarde o traballo en beneficio da cidadanía das entidades e voluntarios de Boiro galardoados co Distintivo Benestar Social.
Arturo Parrado participou neste recoñecemento público impulsado polo Concello de Boiro para premiar o labor social, solidario e de voluntariado de persoas, empresas e entidades locais facendo entrega do galardón na categoría Inclusión ao equipo de profesionais de Alar Galicia.
Ademais de esta asociación, resultaron premiados as mestras e educadoras da escola infantil de Praia Xardín e Saltiño, as voluntarias da Asemblea local da Asociación Contra o Cancro de Boiro, a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Azlhéimer (Agadea), os axentes da Garda Civil de Boiro e o veciño da localidade José Blanco, Cocó.