A Xunta de Galicia avanza da man de Aspais na inserción laboral e na mellora da calidade do emprego en beneficio das persoas con discapacidade

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2026

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, vén de manter unha xuntanza co presidente da Asociación para a promoción de actividades de integración sociolaboral en centros especiais de emprego (Aspais), Ramón Dourado, co que tratou a necesidade de seguir avanzando na inserción laboral e na mellora da calidade do emprego en beneficio das persoas con discapacidade. Na xuntanza tamén participou a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño.

As representantes autonómicas aludiron ao papel de Aspais en representación do movemento asociativo da discapacidade e como socia da Rede Eusumo impulsada pola Xunta co gallo de dar visibilidade e impulso á economía social. Nese ámbito, recordaron que Galicia está a executar a segunda Estratexia Galega de Economía Social, cun horizonte ata 2027 co obxecto de reforzar a presenza desta fórmula económica en sectores emerxentes como o tecnolóxico, o industrial ou o verde.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/08/2026