Martina Aneiros asiste á inauguración das festas da Parrocheira

Ferrol, 11 de setembro de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu hoxe á inauguración das Festas da Parrocheira, en Ferrol Vello, organizadas pola Confraría de Pescadores da cidade e a asociación veciñal do barrio. O acto contou coa lectura do pregón a cargo do alcalde, José Manuel Rey.

A Parrocheira estenderase no porto ferrolán ata o domingo 13, cunha programación que inclúe actuacións musicais, degustacións de produtos da Confraría e a tradicional cucaña. Ademais, como é tradición, o domingo terá lugar na igrexa do Socorro unha misa solemne seguida dunha procesión marítima.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/09/2026