María José Gómez salienta a importancia do sector dos ovos en Galicia cunha produción de máis de 56 millóns de ducias anuais

A conselleira do Medio Rural asistiu hoxe á celebración da IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía no concello de Castro de Rei

Resaltou a especial relevancia económica e social deste eido produtivo en Galicia, que conta con máis de 2 millóns de galiñas poñedoras para ovos de consumo e de 90 explotacións

Sinalou que nesta festa participan co apoio da Consellería sete operadores inscritos no selo de Artesanía Alimentaria

Castro de Rei (Lugo), 12 de setembro de 2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, salientou hoxe a importancia do sector dos ovos en Galicia cunha produción de máis de 56 millóns de ducias anuais. Fíxoo na celebración da IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía que se celebra no concello de Castro de Rei.

Nela, resaltou a especial relevancia económica e social deste eido produtivo en Galicia, que conta con máis de 2 millóns de galiñas poñedoras para ovos de consumo e de 90 explotacións produtoras, así como preto de 70 centros de embalaxe para a súa comercialización. Tamén engadiu que a produción galega realízase integramente baixo os estándares europeos de benestar animal, sustentabilidade e seguridade alimentaria, aspectos que contribúen a reforzar a calidade e o valor engadido deste produto.

En canto á Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, a conselleira sinalou que é un evento que busca poñer en valor os produtos agroalimentarios galegos e tramén os oficios tradicionais. Desde a Consellería colabórase nesta cita gastronómica para promocionar os produtos do agro artesáns, coa presenza de sete operadores inscritos no selo de Artesanía Alimentaria con persoas produtoras de pastas, embutidos ou queixos, entre outros.

A conselleira destacou que esta cuarta edición supón a consolidación desta fes que combina a promoción da gastronomía e dos produtos galegos coa recuperación dos oficios tradicionais e de artesanía. En definitiva, afirmou, favorece a actividade económica e social do concello de Castro de Rei, dinamizando esta contorna rural.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/09/2026