Medio Rural salienta a importancia da contratación dos seguros agrarios para protexer ás producións

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo no día de hoxe unha xuntanza co presidente da Asociación Agraria de Galicia (Asaga), Francisco Bello. Nesta reunión, avaliaron posibles liñas de colaboración conxuntas para concienciar ás persoas traballadoras do sector primario sobre a importancia da contratación dos seguros agrarios para protexer as súas producións.  

Así, lembrou que a Consellería do Medio Rural destinou este ano 11 millóns de euros para fomentar a contratación de seguros agrarios. Estas achegas poden chegar a cubrir ata un 75 % do custo da póliza, sumando os fondos autonómicos e estatais para esta finalidade. Cabe sinalar, ademais, que o prazo para solicitar esta axuda permanece aberto durante todo o ano.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/09/2026