A Xunta apoia o deporte inclusivo na presentación da 13ª edición da Carreira ENKI, que se celebrará o 17 de outubro
2026-09-22
/documents/35297/2298437/20260922PresentacionCarreiraEnki2026%283%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 22 de setembro de 2026
O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, e a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participaron hoxe na presentación da 13ª edición da Carreira ENKI, proba solidaria non competitiva que se celebrará o sábado 17 de outubro polas rúas da Coruña. A carreira, organizada pola Fundación ENKI, reunirá ao redor de 15.000 persoas e contará con varias saídas entre as 14.00 e as 17.45 horas. A recadación íntegra das inscricións destinarase a proxectos de lecer inclusivo.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 22/09/2026