Extinguido o incendio forestal do concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira
O lume afectou finalmente unha superficie de 57,24 hectáreas, das cales 50,24 corresponden a monte raso e as sete restantes a arborado
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2026
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe.
O lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e finalmente afectou unha superficie de 57,24 hectáreas, das cales 50,24 corresponden a monte raso e as sete restantes a arborado. Para a súa extinción mobilizáronse en conxunto, de xeito acumulado, 2 técnicos, 34 axentes, 46 brigadas, 29 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 5 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.