Desactivada a situación 2 no incendio do concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín
Esta situación operativa de emerxencia declarouse onte pola proximidade do lume ao núcleo de poboación de As Meaus, no municipio limítrofe de Baltar
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2026
A Consellería do Medio Rural informa de que vén de ser desactivada a Situación 2 no incendio forestal do concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín. Esta situación operativa de emerxencia decretouse onte xoves pola proximidade do lume ao núcleo de As Meaus, no municipio limítrofe de Baltar. Este incendio iniciouse ás 13,36 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 460 hectáreas.
Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, de xeito acumulado, 6 técnicos, 37 axentes, 39 brigadas, 24 motobombas, 5 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 5 helicópteros e 11 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.