Alfonso Villares asiste ao concerto da Unidade de Música do Mando de Apoio á Manobra con motivo do día da Festa nacional

Lugo, 25 de setembro de 2026.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, asistiu esta tarde ao concerto ofrecido pola Unidade de Música do Mando de Apoio á Manobra no auditorio Fuxan os Ventos dentro da programación do Día da Festa Nacional. O acto estivo presidido polo comandante militar de Lugo e xefe do Campo de Manobras e Tiro de Parga, o tenente coronel José Antonio Roldán.

Villares destacou o interese desta cita cultural e musical, que une ás institucións e á cidadanía lucense arredor dos valores da unidade, o respecto e o servizo a España, e puxo en valor o papel das Forzas Armadas na defensa do benestar e da seguridade de todos os cidadáns.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/09/2026