Medio Rural acorda con Asaga e Unións Agrarias convocar ás tres organizacións agrarias para avaliar a crise de custos e prezos no sector

A reunión coas tres organizacións agrarias permitirá analizar a situación dos distintos sectores produtivos e valorar medidas de apoio desde as administracións para favorecer a liquidez das explotacións

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2026

A Consellería do Medio Rural acordou coa Asociación Agraria de Galicia (Asaga) e Unións Agrarias (UUAA) convocar unha reunión de traballo coas tres organizacións agrarias para avaliar a situación dos distintos sectores produtivos ante a crise de custos e prezos. O obxectivo será poñer en común propostas e valorar ferramentas de actuación das administracións que permitan apoiar a actividade das explotacións e favorecer a súa liquidez.

Así se acordou na xuntanza que mantivo hoxe a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, co presidente de Asaga, Francisco Bello, e co secretario xeral e o vicesecretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García e Félix Porto, respectivamente. O encontro enmárcase na interlocución habitual entre a Consellería e as organizacións agrarias para abordar as necesidades do sector agrogandeiro galego.

Durante o encontro abordáronse o encarecemento dos fertilizantes e dos carburantes e a súa incidencia nos custos de produción das explotacións, así como a situación do sector lácteo e a evolución do prezo do leite.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/10/2026