A Xunta recibe 7 ofertas para a construción de 80 aloxamentos compartidos destinados a menores de 36 anos en Vigo

A promoción enmárcase nas medidas impulsadas pola Xunta para facilitar o acceso á vivenda da xente moza

Este inmoble terá baixo e 4 alturas, con 20 aloxamentos en cada planta, xunto a espazos comúns para traballo e coworking, zona de lavandería en cada unha das plantas ou 92 prazas de aparcamento de bicicletas

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2026

A Xunta recibiu 7 ofertas para as obras de construción dos 80 aloxamentos compartidos en San Paio de Navia, en Vigo, destinados a menores de 36 anos. Os traballos foron licitados por un orzamento de 9,6M€.

Trátase dunha alternativa residencial que busca dar facilidades ás necesidades de emancipación da xente moza na súa incorporación ao mercado laboral. Deste xeito, o inmoble destinarase a aloxamento temporal en alugueiro para persoas menores de 36 anos, que xa contan cun contrato laboral ou de investigación e que buscan un aloxamento temporal.

O edificio terá baixo e 4 plantas, con 20 aloxamentos en cada unha (4 deles adaptados). Ademais, conta con servizos como o espazo dedicado para traballo e coworking (con acceso tanto para residentes como persoas alleas ao inmoble), zona de lavandería en cada unha das plantas, ou 92 prazas de aparcamento de bicicletas. No deseño cóidase especialmente a sostibilidade, xa que ten en conta o uso da aerotermia e incorpora tamén na cuberta paneis solares.

A Administración autonómica está a promover proxectos de aloxamentos compartidos tamén en Santiago, Lugo e A Coruña, e xunto aos de Vigo, suman un total de 340 vivendas.

Data de actualización: 04/10/2026