Lorenzana preside a toma de posesión do novo director xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Bruno Fernández

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2026

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, presidiu hoxe a toma de posesión de Bruno Fernández González como novo director xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial. Lorenzana destacou del o seu talento e traxectoria para afrontar os “moitos retos” que “aínda ten por diante a consellería” nesta “recta final de lexislatura”.

Funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, Bruno Fernández é enxeñeiro agrónomo pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde xaneiro de 2023 era subdirector de Planificación e Dinamización do Medio Rural na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), onde ocupou distintas responsabilidades. Conta cunha ampla experiencia na xestión de fondos europeos, programas de axudas e investimentos públicos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/10/2026