A Xunta licita por 217.769 euros a obra de reforma da instalación térmica do centro de saúde de Matogrande na Coruña

As empresas interesadas nesta reforma, que mellorará a eficiencia ao adaptar a produción á demanda, teñen de prazo ata o 10 de novembro para presentar as súas ofertas

A solución proxectada mellora o confort das consultas e zonas comúns

O prazo de execución das obras será de oito semanas

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2026

O Portal de Contratos Públicos de Galicia publicou, por medio da Consellería de Sanidade, a licitación da obra de reforma da instalación térmica do centro de saúde de Matogrande, na cidade da Coruña, e a substitución da produción centralizada de auga quente sanitaria por produción aerotérmica, por un importe de 217.769 euros.

As empresas interesadas nesta reforma, que mellorará a eficiencia ao adaptar a produción á demanda, teñen de prazo ata o 10 de novembro para presentar as súas ofertas.

A actuación comprende o subministro, montaxe, conexión, regulación, proba e posta en servizo dos equipos e redes necesarios para mellorar o confort térmico, manter a calidade do aire interior e substituír a produción centralizada de auga quente sanitaria por produción aerotérmica.

A solución proxectada mellora o confort das consultas e zonas comúns, conserva a calefacción por solo radiante, integra a ventilación existente e incorpora produción aerotérmica.

O prazo de execución das obras previsto será de oito semanas.

Data de actualización: 21/10/2026