A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, visitou hoxe esta actuación
A Xunta inicia as obras de transformación da travesía de Serra Meira que permitirán renovar este espazo urbano de Lugo e mellorar a seguridade, accesibilidade e a mobilidade
A actuación permitirá renovar a calzada, as beirarrúas e as sendas peonís, ademais de modernizar as redes de saneamento e abastecemento de auga
As obras contan cun investimento de 1,1 M€ e inclúen traballos de pavimentación, xardinería, instalación de mobiliario urbano e renovación da sinalización
Lugo, 22 de outubro de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, achegouse hoxe á cidade de Lugo para visitar o inicio das obras de transformación da travesía de Serra Meira, que permitirán renovar este espazo urbano e mellorar a seguridade viaria, a accesibilidade e a mobilidade.
A actuación nos 200 metros de lonxitude desta travesía, que supón un investimento de 1,1M€, contempla a ampliación e pavimentación da calzada, novas beirarrúas e a mellora da capa de rodaxe das sendas peonís. Tamén inclúe traballos de xardinería, a instalación de mobiliario urbano. iluminación e a renovación da sinalización.
Allegue explicou que o proxecto inclúe intervencións, tamén, en todo o soterrado non visible da vía, como son as instalacións de saneamento e abastecemento de auga.
Ademais, Incidiu na importancia de actuar nas travesías urbanas para favorecer unha mobilidade máis segura, cómoda e funcional, tanto para vehículos como para peóns.
As obras de urbanización licitáronse en maio e os traballos xa están en marcha. O prazo de execución é de 12 meses. O obxectivo é, de ser posible, que estea renovada no 2027.
A intervención permitirá, ademais, unha contorna que quedará máis humanizada e mellor integrada no barrio, especialmente coas zonas verdes e o parque Sagrado Corazón.