Medio Rural participa na Mesa Nacional do Regadío para colaborar no desenvolvemento dunha xestión eficiente e sostible dos recursos hídricos
Madrid, 10 de novembro de 2026
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participou hoxe na Mesa Nacional do Regadío, na sede do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que ten como finalidade promover e facilitar a cooperación, consulta, análise e intercambio de información entre as comunidades autónomas e o Goberno central en materia de regadíos e de aplicación da auga na agricultura, así como o resto de partes interesadas para facilitar a gobernanza e o desenvolvemento eficiente da política de regadíos en España.
Alí puxo en valor a importancia dunha xestión eficiente e sostible dos recursos hídricos para a produción de cultivos, o abastecemento de alimentos fronte á escaseza de choiva e a dinamización da economía rural.