A Xunta colabora coa Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple para poñer en valor os produtos agroalimentarios de calidade diferenciada

Santa Comba (A Coruña), 10 de novembro de 2026

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, asistiu hoxe á sesión Cociñando Galicia, un evento que ten como obxectivo poñer en valor os produtos agroalimentarios galegos de calidade diferenciada na hostalería e na alta cociña. Así, Cociñando Galicia reuniu hoxe algún dos chefs máis destacados do panorama gastronómico nacional.

A iniciativa comezou o pasado mes de abril e contou con sesións mensuais. A súa recadación vai destinada á Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson e ELA (ACEM). Deste xeito, o evento combina a promoción dos produtos galegos de calidade diferenciada ao tempo que contribúe a apoiar a labor da Asociación na atención dos pacientes e o impulso da investigación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/11/2026