López Campos aborda coa Fundación Andrea posibles colaboracións en material cultural

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, abordou hoxe coa presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca, diferentes cuestións vencelladas coas áreas do seu departamento. En concreto, afondou na posibilidade de colaboracións en programacións e material cultural, na liña das que xa se están a levar a cabo nas bibliotecas dos centros de saúde.

Así o analizaron nun encontro, no que o representante de Cultura do Goberno galego puxo en valor as accións desta organización sen animo de lucro para apoiar a nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais. Neste senso, considerou necesario o compromiso do departamento que dirixe “en facilitar e acompañar a entidade nesta importante e afectiva tarefa, a través de cooperacións que, dentro das nosas competencias, encaixen e sexan perfectamente asumibles”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/11/2026